22 outubro 2013

Concurso de ideas para a mellora da mobilidade en cinco puntos da cidade de A Coruña

A Delegación do Coag en A Coruña en colaboración coa Area de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio do Concello de A Coruña invita a todos os colexiados a inauguración da exposición "Concurso de ideas para a mellora da mobilidade en cinco puntos de A Coruña", que se levará a cabo, na sala de exposicións da propia Delegación, xunto coa entrega de premios do concurso, por parte do Excmo. Sr. D. Carlos Negreira, Alcalde de A Coruña, as 12:00 horas do vindeiro mércores 23 de outubro de 2013. A exposición permanecerá aberta, no horario propio da Delegación (10:00h. - 14:00h.), ata o 15 de novembro de 2013.